11/8/09

AS DIFERENTES ECONOMÍAS MUNDIAIS

Unha nota de humor no verán
Socialismo: Ti tes 2 vacas. O estado obrígache a darlle unha ó teu veciño.
Comunismo: Ti tes 2 vacas. O estado requisaas e dache algo de leite.
Fascismo: Ti tes 2 vacas. O estado requisaas e véndeche algo de leite.
Nazismo: Ti tes 2 vacas. O estado requisaas e dispárache na cabeza.
Burocratismo: Ti tes 2 vacas. O estado pérdeche unha, muxe a outra e logo bota o leite ó chan.
Capitalismo tradicional: Ti tes 2 vacas. Vendes unha e mercas un touro. Tes máis vacas. Vendes as vacas e gañas diñeiro. Logo xubílaste rico.
Capitalismo moderno: Ti tes 2 vacas. Vendes 3 das túas vacas á túa empresa que cotiza en bolsa mediante letras de crédito aberto polo teu curmán no banco. Logo executimageas un troco de participación de débeda cunha oferta xeral asociada co que xa tes as 4 vacas de volta, con exención de impostos por 5 vacas. O leite que dan as túas 6 vacas é transferida mediante intermediario a unha empresa con sede nas Illas Caiman que volta a vender os dereitos das 7 vacas á túa compañía. O informe anual afirma que tes 8 vacas con opción a unha máis. Colles as túas 9 vacas e córtalas en anacos. Logo véndelos a xente. Curiosamente durante todo o proceso ninguén parece decatarse que, en realidade, ti só tes 2 vacas.
Economía xaponesa: Ti tes 2 vacas. Redeséñalas a escala 1:10 e que che produzan o dobre de leite. Pero non te fas rico. Logo rodas todo o proceso en debuxos animados. Chámalas ‘Vakimon’ e de forma incomprensible, faste millonario.
Economía alemá: Ti tes 2 vacas. Mediante un proceso de reenxeñería consegues que vivan 100 anos, coman unha vez ó mes e múxanse soas. Ninguén cre que teña ningún mérito. O que ti queres realmente é criar ovellas.
Economía rusa: Ti tes 2 vacas. Contas e tes 5 vacas. Voltas a contar e sáenche 257 vacas Contas de novo e sáenche 3 vacas. Deixas de contar vacas e abres outra botella de vodka.
Economía chinesa: Ti tes 2 vacas. Tes a 300 tipiños muxíndoas. Explicas ó mundo a túa incrible rateo de produtividade leiteira. Disparas a un xornalista que se dispón a contar a verdade.
Capitalismo americano: Tes dúas vacas. Vendes unha e forzas á outra a producir o leite de catro vacas. Ficas sorprendido cando ela morre.
Economía iraquí: Ti non tes vacas. Ninguén cre que non teñas vacas, bombardénate e invaden o teu país. Ti segues sen ter vacas.
Economía india: Ti tes 2 vacas. Polas nun altar para adoralas. Despois segues comendo arroz ó "curry".
Economía suíza: Hai 5000000000 vacas. É obvio que teñen dono pero ninguén parece saber quen é.
Economía francesa: Ti tes 2 vacas. Entón decláraste en folga, organizas unha revolta violenta e curtas todas as estradas do país, porque ti o que queres son 3 vacas.
Economía neozelandesa: Ti tes 2 vacas. A da esquerda seméllache cada día máis atractiva
Capitalismo italiano: Tes dúas vacas. Unha delas é a túa nai, a outra a túa sogra,¡Maledetto!
Capitalismo británico: Tes dúas vacas. As dúas están tolas.
Economía española: Ti tes 2 vacas, pero non tes nin idea onde están. Pero como xa é venres, baixas a almorzar ó bar que teñen o "Marca". Se acaso, xa te porás a buscalas o mércores despois da ponte de San Aniceto.

Ler mais...

5/8/09

CONSUMIR MENOS, VIVIR MEJOR

Libro de Toni Lodeiro “Consumir menos, vivir mejor” (Editorial: Txalaparta; I.S.B.N. 978-84-8136-515-3).

image

Ler mais...

4/8/09

ENTREVISTA A RAMÓN CARMELO RODRÍGUEZ NO XORNAL DE GALICIA

Carmelo Rodríguez, voceiro de Coop57 Galicia: “Nin banco, nin caixa; somos un modelo ‘parabancario”image

Carmelo Rodríguez é voceiro de Coop 57 Galicia, unha cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios integrada por 16 entidades.

Como naceu o proxecto de Coop 57 en Galicia?
O proceso de formación vén xa de hai dous anos, cando unha serie de organizacións do cooperativismo de traballo e do ámbito do consumo responsable e ético decidimos promover un proxecto de finanzas éticas. Decatámonos de que había unha parte da cidadanía interesada en destinar os seus cartos a proxectos coherentes cos seus principios éticos e que tiñan unha visión semellante da xestión do diñeiro.

Por que o modelo Coop?
Barallamos varias alternativas, principalmente Coop 57 e o modelo Fiare. Decantámonos por Coop porque consideramos que era a experiencia máis consolidada á hora de financiar proxectos da economía social.

Coop 57 naceu en Cataluña, pero o proxecto galego é independente, non si?
Coop 57 apoia o seu modelo naqueles territorios onde hai tecido social interesado en crear unha sección territorial. Apóiao, pero non fai como unha empresa, que pensa en que hai mercado nun lugar e monta unha sucursal, senón que deixa liberdade. Digamos que presta a idea e logo cada territorio ten autonomía para decidir que entidades entran no proxecto, así como para determinar o que financia. A única condición que nos marcan é unha oferta común de produtos financeiros e o tipo de xuro ao que temos que prestar o diñeiro ou pagarlle aos socios aforradores.

Cal é a oferta de servizos financeiros de Coop 57?
Pois vai desde produtos para mellorar a liquidez, adiantos de subvencións ou inxección de circulante normal. Tamén traballamos préstamos a longo prazo e estamos experimentando títulos e créditos participativos.

Podemos denominar banco a Coop 57?
Non, non é estritamente un banco nin unha caixa de aforros, nin unha cooperativa de crédito, senón unha cooperativa de servizos financeiros que non precisa da licenza do Banco de España para operar, o que lle dá liberdade para xestionar as financiacións e tamén á hora de marcar o prezo do diñeiro e a oferta de servizos. Son as entidades socias as que reciben e solicitan os servizos financeiros da cooperativa baseándose nuns principios básicos e tendo en conta que todos eles participan directamente na xestión e na toma de decisións, con independencia do capital que teñan.

Un modelo peculiar...
Un modelo parabancario no que os socios aforradores reciben un xuro, pero no que non poden domiciliar a nómina nin pedir un préstamo.

Aspiran a lograr tamén iso?
Para ese modelo está Fiare, que ten a idea de crear unha cooperativa de crédito que funcione baixo principios éticos. Nós colaboramos para poñer en marcha isto nun prazo de dous-tres anos. Así, Coop tamén podería facer fronte a proxectos máis ambiciosos, ademais de que Fiare ofrecería outros servizos que nós non temos. Somos modelos complementarios e compatibles, e o feito de crear esta entidade de banca ética non significará a desaparición de Coop 57; seguiremos funcionando, pero a un nivel micro.

Que opina do modelo Triodos?
Triodos é un banco convencional que viu un nicho de mercado de xente que traballa no tipo de proxectos que eles financian. É moi diferente ao resto porque é un modelo vertical de funcionamento e de crecemento, o que non quere dicir que non sexa unha boa experiencia. Ser cliente de Triodos non che dá dereito a participar nin a decidir como se xestionan os cartos, aínda que si se che asegura un comportamento ético.

Contan con 16 entidades, aspiran a moitas máis?
Aspiramos, pero pouco a pouco. Para este ano marcámonos o obxectivo de incluír tres colectivos máis. Xa financiamos o primeiro proxecto, pero temos que coller callo.

Ligazón á entrevista en Xornal de Galicia.com

Ler mais...