23/12/09

ENCONTRO DE COOP57 CO BANCO COOPERATIVO SUECO JAK

Na liña de fomentar o coñecemento mútuo entre as experiencias de finanzas éticas so fórmulas de economía social e solidaria, Coop57 manterá un encontro co Banco Cooperativo Sueco JAK o próximo 4 de Xaneiro de 2010 en Barcelona a partir das 12 horas na Aula Ronda (Ronda de Sant Pere, 56 ).

A este encontro están convidadas a participar unha representación das Seccións Territoriais de Coop57.
Para as que esteades interesadas en obter información sobre a experiencia de JAK podedes visitar o Blogue www.nocreceenlosarboles.blogspot.com e tamén podedes descargar este documento.

Ler mais...

19/12/09

II XORNADAS DE CONSUMO RESPONSABEL EN SALCEDA DE CASELAS

Os próximos 19 e 20 de Decembro, celebraranse as II Xornadas de Consumo Responsábel no municipio de Salceda de Caselas, promovidas pola Asociación Cultural, Deportiva e Ecoloxista Treze Catorce e a Asociación para a Cooperación dos Concellos do Rural. A programación das Xornadas combinará actividades lúdicas como obradoiros e actuacións musicais; unha mostra de produtos ecolóxicos e comercio xusto; e a organización de palestras, exposicións e proxeccións documentais arredor da agroecoloxía; o consumo responsábel; o téxtil; e os ecosistemas.

Unha das palestras xirará arredor das finanzas éticas como alternativa á banca capitalista e que a desenvolverá a responsábel de Educación de Amarante e socia colaboradora de Coop57 GZ, Eva Gil, o próximo 19 de Decembro a partir das 17 horas. Outras organizacións que colaboran nestas Xornadas son o Grupo Micolóxico Galego; a Asociación Caleidoskopio; o Sindicato Labrego Galego; a asociación ecolóxista Adega e Ecocelta.

A Xornadas desenvolveranse na Praza do Concello de Salceda de Caselas a partir das 11 horas.
Con antelación ás Xornadas realizaranse proxeccións documentais do 14 ao 17 de Decembro a partir das 20 e 22 horas sobre temática ambiental e solidaria.

Para máis información contactar con José Piñeiro no correo-e pinheirodepiconha@gmail.com

Ler mais...

COOP57 GALARDOADA COS PREMIOS PROTEUS DE ETICA

Recibíu o Premio o pasado 10 de Decembro en Barcelona na categoría de “Economía Social”

Coop57 recolleu a pasada quinta feira 10 de Decembro, coincidindo co aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o I Premio Proteus de Ética na categoría de Economía Social. Os premios son concedidos pola Editorial Proteus en recoñecemento ao labor de persoas, proxectos e institucións que pola súa actividade ou talante achegan valores positivos á sociedade e o xuri está integrado por unha amplísima selección de profesionais e académicos que están vinculados ao eido da ética.

O fundador da Editorial Proteus, Miguel Osset, afirma que o obxectivo deste recoñecemento é "revalorizar referentes éticos de comportamentos sociais algo, que, por desgraza, tense convertido nunha urxencia nun momento en que persoas e prácticas pouco éticas acaparan demasiado a miúdo a atención social e mediática". No acto, celebrado en el Museu Marítim de Barcelona e conducido pola xornalista de Catalunya Ràdio Rita Marzoa, responsábel do programa 'Solidaris', anunciáronse as gañadoras das catro categorías: 'personalidade do ano', 'economía social', 'proxecto pedagóxico' e 'medios de comunicación'. Co premio concedido a Coop57, recollido polo presidente da cooperativa Jordi Pujol, comparten estes primeros premios, Vicente Ferrer, polo seu compromiso ético e social; a escola Cintra, que traballa con menores no bairro barcelonés do Raval; e, no eido xornalístico, a peza 'Testigos del horror' publicada en 'El País semanal'.

Cómpre destacar que entre as candidatas á categoría de economía social e sustentábel, concorrían tamén tres entidades socias de Coop57: L'Olivera SCCL, Teixidors SCCL e a Fundació Desenvolupament Comunitari. Sen dúbida algunha, o premio tamén é para elas e para todas as socias e socios colaboradores que cada día fan posíbel esta experiencia.
Cómpre lembrar tamén que o pasado mes de Novembro a Xarxa d'Economia Solidària (XES) recibiú o Premio Abacus 2009 de Cooperativismo.

Esta nova tamén se pode ver na súa versión en español e catalá no web de Coop57 www.coop57.coop

Ler mais...

10/12/09

Boletín de Economía Solidaria de Decembro

Xa está dispoñíbel o Boletín de Economía Solidaria de REAS correspondente ao mes de Decembro (nº47), con novas producidas no mes de Novembro e de actividades que se realizarán nas próximas datas. O Boletín é unha ferramenta comunicativa construida polo propio movemento da economía solidaria e persoas a título particular.

A respecto de novas da GZ publicadas compre destacar a presentación do proxecto Fiare por parte da Asociación Arela de Monforte de Lemos e un artigo do compañeiro de Coop57 GZ, Miguel Quinteiro, sobre o debate das caixas de aforro.

O acceso ao Boletín e a colaboración no mesmo pode facerse a través do web www.economiasolidaria.org
Saude

Ler mais...