19/12/09

COOP57 GALARDOADA COS PREMIOS PROTEUS DE ETICA

Recibíu o Premio o pasado 10 de Decembro en Barcelona na categoría de “Economía Social”

Coop57 recolleu a pasada quinta feira 10 de Decembro, coincidindo co aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o I Premio Proteus de Ética na categoría de Economía Social. Os premios son concedidos pola Editorial Proteus en recoñecemento ao labor de persoas, proxectos e institucións que pola súa actividade ou talante achegan valores positivos á sociedade e o xuri está integrado por unha amplísima selección de profesionais e académicos que están vinculados ao eido da ética.

O fundador da Editorial Proteus, Miguel Osset, afirma que o obxectivo deste recoñecemento é "revalorizar referentes éticos de comportamentos sociais algo, que, por desgraza, tense convertido nunha urxencia nun momento en que persoas e prácticas pouco éticas acaparan demasiado a miúdo a atención social e mediática". No acto, celebrado en el Museu Marítim de Barcelona e conducido pola xornalista de Catalunya Ràdio Rita Marzoa, responsábel do programa 'Solidaris', anunciáronse as gañadoras das catro categorías: 'personalidade do ano', 'economía social', 'proxecto pedagóxico' e 'medios de comunicación'. Co premio concedido a Coop57, recollido polo presidente da cooperativa Jordi Pujol, comparten estes primeros premios, Vicente Ferrer, polo seu compromiso ético e social; a escola Cintra, que traballa con menores no bairro barcelonés do Raval; e, no eido xornalístico, a peza 'Testigos del horror' publicada en 'El País semanal'.

Cómpre destacar que entre as candidatas á categoría de economía social e sustentábel, concorrían tamén tres entidades socias de Coop57: L'Olivera SCCL, Teixidors SCCL e a Fundació Desenvolupament Comunitari. Sen dúbida algunha, o premio tamén é para elas e para todas as socias e socios colaboradores que cada día fan posíbel esta experiencia.
Cómpre lembrar tamén que o pasado mes de Novembro a Xarxa d'Economia Solidària (XES) recibiú o Premio Abacus 2009 de Cooperativismo.

Esta nova tamén se pode ver na súa versión en español e catalá no web de Coop57 www.coop57.coop

0 Comentarios. Deixa o teu.:

Publicar un comentario