23/11/09

Xornadas de Promoción do Cooperativismo e a Economía Solidaria en Ferrol

A próxima semana celebranse en Ferrol unhas Xornadas de Promoción do Cooperativismo e a Economía Solidaria, promovidas pola Cooperativa de Consumo Responsable A Xoaniña.

A devandita actividade que se vai celebrar os días 23, 25 e 27 de Novembro no Ateneo de Ferrol a partir das 20.30 horas, atinxirá temáticas como a autoxestión cultural a través da fórmula cooperativa; a toma e autoxestión de empresas capitalistas por parte de traballadoras e traballadores; o desenvolvemento rural sustentábel e as potencialidades da agroecoloxía; e a autoxestión do diñeiro por parte da cidadanía e o tecido da economía solidaria so principios éticos e solidarios.
Estas temáticas desenvolveranse a través de palestras nas que se exporán diversas experiencias galegas e tamén a través de proxeccións audiovisuais.

Para máis información visitar o web http://www.cooperativaxoaninha.org/contidos/ . Tamén se pode obter a través do correo-e xan.martinez@cooperativaxoaninha.org e no teléfono 675 890 163.

Ler mais...

17/11/09

Encontro de Seguro Etico e Mercado Social en BCN

En Setembro de 2008, REAS e ARÇ Cooperativa asinaron un convenio de colaboración co obxecto de establecer criterios de apoio mutúo no desenvolvemento dunha oferta de seguros para a economía social e solidaria que contribúa ao pulo do seguro ético e solidario e á construción do mercado social.

Transcorrido algo máis dun ano, ARÇ Cooperativa convoca un Encontro sobre Seguro Etico e Solidario para valorar, de forma conxunta, o proceso de implantación do convenio, seguir a fixar criterios operativos e estender a experiencia ás redes de economía solidaria (de REAS ou non) que estean interesadas na implantación práctica de servizos que contribúan ao desenvolvemento do Mercado Social.

Dito encontro celebrarase en Barcelona o próximos 16 e 17 de Decembro. Coop57 convoca a todas as súas Seccións Territoriais a participar en dito encontro.
 
Coop57 GZ asistirá ao devandito encontro a través de duas representantes das entidades socias, co obxecto de coñecer as experiencias de intercooperación no ámbito das temáticas do Encontro e de cara a valorar a inclusión en 2010 do comezo dunha estratexia de traballo no ámbito do Mercado Social.
 
ARÇ Cooperativa financiará os gastos de manutención e aloxamento das asistentes.

Xuntamos arquivo coa programación do Encontro.

Ler mais...

11/11/09

Boletín de Economía Solidaria de Novembro

Xa está dispoñíbel o Boletín de Economía Solidaria de REAS correspondente ao mes de Novembro, con novas producidas no mes de Outubro e de actividades que se realizarán nas próximas datas.
O Boletín é unha ferramenta comunicativa construida polo propio movemento da economía solidaria e persoas a título particular. Entre as temáticas de relevo no mesmo cómpre destacar as finanzas éticas e solidarias.

O acceso ao Boletín e a colaboración no mesmo pode facerse a través do web www.economiasolidaria.org

Ler mais...

Xornadas de Cultura e Terra Sustentábel

Continuan a se celebrar as xornadas "Terra e Cultura Sustentábel" organizadas pola Asociación Cultural Os Ameiros de Teo, que deron comezo o pasado 10 de Outubro e rematarán o 5 de Decembro, todos os sábados no Fogar do Santiso en Teo.
As temáticas que se están a abordar nas Xornadas son Permacultura; Agricultura e Ganderia Sustentábel; Silvicultura Sustentábel; Auga; Vivenda; Reciclaxe e Re-utilización; Enerxias e Mobilidade Sustentábeis; Economia Sustentábel.

Coop57 GZ colaborará nestas Xornadas coa súa participación nas actividades da Xornada adicada á Economia Sustentábel a celebrar o próximo 5 de Decembro.

Para máis info podedes visitar o web www.terraecultura.org

Ler mais...

Coop57 Galicia participará nas Xornadas Libertarias en Compostela

Coop57 Galiza na liña trazada de difundir o seu proxecto en particular, e as finanzas éticas e solidarias en xeral, como alternativa posíbel no proceso de construción dun modelo social e económico máis xusto e solidario, participará nunha palestra, convidada pola CNT de Compostela, nas Xornadas Libertarias que se celebrarán do 16 ao 20 Novembro en Compostela, baixo o título “ Banca Etica contra o Capitalismo”. A palestra celebrarase o 17 de Novembro a partir das 19.30 horas na rúa García Prieto 24-28.
Ademais durante as Xornadas atinxiránse noutras palestras e proxeccións audiovisuais, outras temáticas como o antimilitarismo; a situación na Palestina e o sindicalismo desde experiencias actuais e históricas do movemento libertario.
Para máis información visitar o web http://www.cntgaliza.org/?q=compostela

Ler mais...