O proxecto de Banca Ética Fiare funciona xa con delegacións en distintos lugares do Estado e o vindeiro sábado 16 de Xaneiro celebrarase a Constitución da Sección Territorial Galega de Fiare. Entre os membros fundadores de Fiare Galiza atópanse asociacións como: AIS O Peto, Arela, Amarante, Verdegaia, Adega, Altermundo, SLG, Panxea, Colexio La Salle, CONGD´s.... O acto de constitución terá lugar en La Salle de Santiago de Compostela, rúa San Roque, 6 ás 10:00 da mañá.
O proxecto Fiare parte dun diagnóstico concreto: as nosas sociedades son inxustas. É desde a indignación que produce esa inxustiza desde a que xorden os dinamismos para desenvolvelo. Dentro das múltiples e complexas facetas que debullan esta estrutura de desigualdade e exclusión, o sistema bancario é o piar sobre o que Fiare se propón actuar, construindo unha realidade alternativa. Fiare nace, xa que logo, como un proxecto de sistema de banca ética que se constitúa en alternativa elixíbel pola cidadanía e que actúe significativamente pola transformación do sistema financieiro e cunha característica fundamental (entre outras): o seu funcionamento está en mans dos movementos sociais.
ROLDA DE PRENSA
Ás 12:45 celebrarase unha rolda de prensa á que se convida a todos os medios de comunicación na galería Sargadelos de Santiago de Compostela:
- Día: sábado 16 de Xaneiro
- Hora: 12:45 do mediodía
- Lugar: Galería Sargadelos de Santiago de Compostela
- Convoca: Fiare Galiza
- Contido: Presentación da constitución da sección territorial galega de Fiare
- Asisten: Membros de Fiare Galiza e Peru Sasía (director do proxecto Fiare a nível estatal)
A estas actividades foi convidada e participará, entre outras organizacións, a Sección Territorial de GZ de Coop57.
Para máis información sobre Fiare e Fiare GZ podedes visitar a sección de ligazóns deste Blogue, da devandita organización e de AIS O Peto.
Pontevedra, 14 de Xaneiro de 2010
0 Comentarios. Deixa o teu.:
Publicar un comentario