28/1/11

Asemblea Xeral de Coop57 Galicia

O próximo sábado 29 de Xaneiro, a partir das 10:30 horas, celebrarase no Centro Sociocultural de Fontiñas en Compostela (r / Berlín,13), unha reunión da Asemblea Xeral de Coop57 GZ, para facer balance do traballo realizado no ano 2010, concretar a programación dos próximos meses e aprobar contidos a tratar na Asemblea Xeral da Cooperativa do próximo mes de Febreiro en Sevilla.

Para máis información da convocatoria desta actividade, preme aquí.

Ler mais...

27/11/10

Coop57, seleccionado como boa práctica por REAS

REAS recolle en 56 curtas, 56 experiéncias socialmente positivas da economia solidária

A experiéncia social e económica de Coop57 ten sido seleccionada nunha iniciativa audiovisual promovida desde REAS (Red de Economia Alternativa y Solidaria) para visualizar as boas prácticas que implementa o sector da economia solidária. O proxecto consta de 56 curtas que sintetizan 56 experiéncias socialmente positivas que demostran que existen formas alternativas -éticas e solidárias- de traballar, de producir, de consumir ou de aforrar. Criamos a ligazón ao vídeo que resume a aposta e proxecto de Coop57. Podedes atopar todas as curtas na canle de vídeos de REAS en Youtube. Paga a pena.


Ler mais...

9/6/10

Encontro de Mercado Social e Economía Solidaria de GZ

Tamén o sábado 12 de Xuño, a partir das 17 horas, no Centro Sociocultural de Fontiñas de Compostela, celebrarase esta actividade promovida polas sócias de Coop57 GZ, AES Briante e Intergal, e co apoio de Coop57 GZ.

Preténdese realizar un primeiro achegamento a REAS como experiéncia de Mercado Social no Reino de España; debater a necesidade de conformar e consolidar unha estratexia de mercado social e economía solidaria en GZ e concretar unha programación de actividades neste senso en GZ para o que fica de ano.

Poden participar nesta actividade organizacións de economía solidaria como cooperativas; asociacións; empresas inserción e movementos sociais e cidadáns interesados nesta temática.

Para máis información desta actividade preme aquí.

Ler mais...

Asemblea Xeral de Coop57 Galicia

O próximo sábado, 12 de Xuño, a partir das 10 horas, celebrarase no Centro Sociocultural de Fontiñas (r / Berlín,13) de Compostela, unha reunión da Asemblea Xeral de Coop57 GZ, para facer balance do traballo realizado desde o mes de Xaneiro; concretar a programación dos próximos meses e aprobar contidos a tratar na Asemblea Xeral da Cooperativa do próximo 29 de Xuño en Madrid.

Ao remate da actividade celebrarase un xantar conmemorativo do primeiro aniversário da constitución de Coop57 GZ.

Para máis información da convocatoria desta actividade, preme aquí.

Ler mais...

21/5/10

Acto de presentación en Vigo de Coop57 e Fiare

Proxectos de finanzas éticas en Galiza

As seccións galegas de Coop57 e Fiare van desenvolver un acto de presentación en Vigo, que terá lugar o día 25 de Maio ás 19:30 horas no antigo reitorado do Areal, rúa Oporto nº 1.
Gustaríanos contar coa vosa asistencia para que coñezades directamente e participedes destes proxectos de economía ética e solidaria que empezan a estar solidamente asentados xa no noso país.
Invitámosvos a ampliar a información sobre Coop57 e Fiare, os seus proxectos e a súa traxectoria a través de
Coop57 : http://www.coop57.coop e http://coop57galicia.blogspot.com/
Fiare : www.proyectofiare.com e http://opeto.org/paxina/asociaci%C3%B3n-fiare-gz

Para máis información sobre esta actividade podedes contactar con Andrés Sanmartín ou Nuria González Rodríguez no teléfono 986 866 149 ou no enderezo electrónico info@ucetag.org
Agardando a vosa asistencia e agradecendo o voso interese, recibide un saúdo. 

Outra economía é posible

Ler mais...