30/10/09
Coop57 Galicia aproba duas novas operacións de financiamento ético e solidario
26/10/09
Enric Durán en Galicia
Luns 26 de outubro, 20h, CS Sem um cam, rua do Vilar 9, OURENSE
Martes 27 de outubro, 20.30h, CS A Revolta, rua Real 32, rês-do-chao. Zona Velha, VIGO
Mércores 28 de outubro, 19.30h, CNT, rúa García Prieto, 24-28, COMPOSTELA
ASEMBLEAS:
30/31 de outubro, 17h, CS Atreu, rua San Xosé, 2, baixo, Montealto, A CORUNHA
21/10/09
Elinor Ostrom, un Nobel de Economía ben gañado
Felicitacións aos señores directores do Banco de Suecia e da Academia Sueca de Ciencias. Esta vez acertaron ao lle dar o premio 2009 a Elinor Ostrom. Xa era tempo que se llo desen a unha socioeconomista progresista, en lugar de llo regalar a algún ideólogo cavernícola, coma nos teñen acostumados a facer. Tamén era tempo de que galardoaran a unha muller, a primeira desde 1982, ano en que premiaran á socióloga Alva Myrdal.
Cal é o principal mérito académico da doctora Ostrom, profesora na Indiana University? Que estudou e propiciou a autoxestión do ben común. Por que importa este aspecto da súa obra? Porque foi ignorado por case que todos os economistas políticos, non soamente polos vellos coñecidos da dereita.
Noraboa, profesora Ostrom, por contribuír a resaltar o lado anxelical da bestia humana, e por desprestixiar á economía e a filosofía políticas que dan por sentado que todas as persoas somos rapiñadoras e carroñeiras. Era tempo de que o premio Nobel o gañase quen cre que a economía e a política poden ser beneficiosas para a maioría se reemprazan o pesimismo de Hobbes polo optimismo de Rousseau.
Fonte
9/10/09
Xornada de REAS
O próximo 23 de Outubro celébrase en Madrid unha Xornada sobre Crise e Economía Solidaria organizada por REAS na que se desenvolverán talleres, conferencias e grupos de traballo no que atinxirán diversas temáticas e alternativas á crise desde a Economía Social e Solidária.
A seguir incluimos máis información da mesma e animámosvos a participar.
- Web da Xornada:
www.economiasolidaria.org/jornada_reas_09 - Detalle do programa e ponentes
- Descargar folleto
- Cartaz para difundir
- Prazas limitadas - INSCRICIÓN hasta o 16 de Outubro