Felicitacións aos señores directores do Banco de Suecia e da Academia Sueca de Ciencias. Esta vez acertaron ao lle dar o premio 2009 a Elinor Ostrom. Xa era tempo que se llo desen a unha socioeconomista progresista, en lugar de llo regalar a algún ideólogo cavernícola, coma nos teñen acostumados a facer. Tamén era tempo de que galardoaran a unha muller, a primeira desde 1982, ano en que premiaran á socióloga Alva Myrdal.
Cal é o principal mérito académico da doctora Ostrom, profesora na Indiana University? Que estudou e propiciou a autoxestión do ben común. Por que importa este aspecto da súa obra? Porque foi ignorado por case que todos os economistas políticos, non soamente polos vellos coñecidos da dereita.
Noraboa, profesora Ostrom, por contribuír a resaltar o lado anxelical da bestia humana, e por desprestixiar á economía e a filosofía políticas que dan por sentado que todas as persoas somos rapiñadoras e carroñeiras. Era tempo de que o premio Nobel o gañase quen cre que a economía e a política poden ser beneficiosas para a maioría se reemprazan o pesimismo de Hobbes polo optimismo de Rousseau.
Fonte
21/10/09
Elinor Ostrom, un Nobel de Economía ben gañado
Etiquetas:
Economía
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 Comentarios. Deixa o teu.:
Publicar un comentario