En Setembro de 2008, REAS e ARÇ Cooperativa asinaron un convenio de colaboración co obxecto de establecer criterios de apoio mutúo no desenvolvemento dunha oferta de seguros para a economía social e solidaria que contribúa ao pulo do seguro ético e solidario e á construción do mercado social.
Transcorrido algo máis dun ano, ARÇ Cooperativa convoca un Encontro sobre Seguro Etico e Solidario para valorar, de forma conxunta, o proceso de implantación do convenio, seguir a fixar criterios operativos e estender a experiencia ás redes de economía solidaria (de REAS ou non) que estean interesadas na implantación práctica de servizos que contribúan ao desenvolvemento do Mercado Social.
Dito encontro celebrarase en Barcelona o próximos 16 e 17 de Decembro. Coop57 convoca a todas as súas Seccións Territoriais a participar en dito encontro.
Coop57 GZ asistirá ao devandito encontro a través de duas representantes das entidades socias, co obxecto de coñecer as experiencias de intercooperación no ámbito das temáticas do Encontro e de cara a valorar a inclusión en 2010 do comezo dunha estratexia de traballo no ámbito do Mercado Social.
ARÇ Cooperativa financiará os gastos de manutención e aloxamento das asistentes.
Xuntamos arquivo coa programación do Encontro.
0 Comentarios. Deixa o teu.:
Publicar un comentario