A próxima semana celebranse en Ferrol unhas Xornadas de Promoción do Cooperativismo e a Economía Solidaria, promovidas pola Cooperativa de Consumo Responsable A Xoaniña.
A devandita actividade que se vai celebrar os días 23, 25 e 27 de Novembro no Ateneo de Ferrol a partir das 20.30 horas, atinxirá temáticas como a autoxestión cultural a través da fórmula cooperativa; a toma e autoxestión de empresas capitalistas por parte de traballadoras e traballadores; o desenvolvemento rural sustentábel e as potencialidades da agroecoloxía; e a autoxestión do diñeiro por parte da cidadanía e o tecido da economía solidaria so principios éticos e solidarios.
Estas temáticas desenvolveranse a través de palestras nas que se exporán diversas experiencias galegas e tamén a través de proxeccións audiovisuais.
Para máis información visitar o web http://www.cooperativaxoaninha.org/contidos/ . Tamén se pode obter a través do correo-e xan.martinez@cooperativaxoaninha.org e no teléfono 675 890 163.
0 Comentarios. Deixa o teu.:
Publicar un comentario