3/6/09

CONSTITÚESE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA COOP57GALICIA, COOPERATIVA DE SERVIZOS FINANCEIROS ÉTICOS E SOLIDARIOS.

O sábado 30 de maio, entre as 11:00 e as 14:00 horas, tivo lugar no Centro Sociocultural O Castiñeiriño de Santiago de Compostela a Asemblea Constituínte de Coop57 Galicia, unha nova cooperativa de servizos financeiros que nace co fin de fomentar o aforro solidario e o investimento ético para desenvolver proxectos de economía social e solidaria.

Acudiron ao evento as persoas representantes das 16 entidades do ámbito asociativo e cooperativo que actúan como socias de servizos promotoras do proxecto, así como vintecinco socias colaboradoras –persoas físicas ou xurídicasque sen ser destinatarias dos servizos da cooperativa, achegan os seus aforros para axudar a financiar os proxectos que se presenten. Asistiron tamén representantes de outras entidades do ámbito asociativo, así como persoas que a título individual participaron no proceso previo á constitución e que prevén a súa incorporación nun futuro. Asimesmo, estivo presente unha representación das seccións territoriais de Coop 57 de Cataluña, Aragón, Madrid e Andalucía.
No acto levouse a cabo unha presentación retrospectiva de Coop57, seguida da intervención dos representantes das seccións territoriais. A continuación, as persoas representantes das entidades socias de servizos promotoras da sección territorial galega fixeron unha breve presentación para, de seguido, proceder á constitución de Coop57 GZ, e á aprobación dos Estatutos e Regulamento de Réxime Interno. Finalmente, foron escollidos os cargos do Consello de Sección, os representantes de Coop57 GZ no Consello Reitor de Coop57 e os integrantes da Comisión Social e Comisión Técnica.
O acto rematou cunha comida de confraternidade no Restaurante Paz Nogueira.

Para mais información sobre Coop57 Galicia, pode poñerse en contacto con Ramón Carmelo Rodríguez, na Federación de Cooperativas Sinerxia - www.sinerxia.org -, a través do correo-e : rcarmelo@sinerxia.org e/ou nos teléfonos 986 896 526 e 986 862 887.

Para unha información xeral de Coop57 e das suas Seccións Territoriais pódese visitar o sitio web www.coop57.coop .

Calquera persoa que o desexe pode deixar eiquí os seus comentarios sobre este proxecto.

3 comentarios:

  1. Parabéns, compañeiros. Contade cunha ligazón desde o blog de Véspera de Nada! Saúdos e sorte. Vémonos polo camiño...

    ResponderEliminar
  2. Olá e parabéns. Curiosamente, fiquei sabendo da existencia da vosa iniciativa a través dun amigo sevillano que está moi implicado neste asunto, e alégrame enormemente que, grazas a vós, a banca social chegue a Galiza.

    Deséxovos unha longa e frutífera traxectoria, e, co voso permiso, engadirei unha ligazón nun dos blogs nos cales participo, no enderezo http://renovarobng.blogaliza.org, que conta cunha audiencia receptiva a este tipo de propostas.

    Unha vez máis, parabéns e un saúdo moi cordial,

    Filipe Diez.

    ResponderEliminar
  3. Bruno10/8/09

    Parabéns igualmente. Este blog em galego é um avance. Haver se entre tod@s difundimos Coop 57 aos 4 ventos e fazemos que esto bote por fora.
    Um saúdo.

    ResponderEliminar