No marco destas Xornadas organizadas por alumnas e alumnos da Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra, o pasado 16 de Abril realizouse unha presentación de Coop57 e do proceso constituínte da Sección Territorial de Galicia.
Dita presentación desenvolveuse co emprego dunha metodoloxía participativa que deu lugar a un animado debate sobre as finanzas éticas e a experiencia de Coop57 contextualizado na situación destas iniciativas en Galicia, e outros territorios de Europa onde existen interesantes experiencias neste ámbito.O acto estivo dinamizado por Ramón Carmelo e Miguel Quinteiro en representación do Grupo Promotor de Coop57 Galiza, e contou coa presenza dunha vintena de persoas que se amosaron moi interesadas na temática e en coñeceren Coop57.
0 Comentarios. Deixa o teu.:
Publicar un comentario