28/9/09

Festa Aniversario de Amarante

Aprezados Amigas e Amigos, Cartaz festa soligariedade
O día 3 de outubro imos celebrar o decimo aniversario de AMARANTE.

Non se ten a posibilidade de celebrar o décimo aniversario dunha organización social tódolos días. E aínda que 10 anos non é nada, moitas cousas teñen mudado neste tempo, que nos teñen obrigado a ir adecuando as nosas ideas ao mundo do capitalismo global co que nos tocou lidar co fin de sermos efectivas na nosa Misión, sen traizoar os nosos principios e non renunciando aos nosos obxectivos.
Cando en outono de 1.999 un grupo de tres persoas, constituíamos AMARANTE na cidade de Pontevedra non podiamos imaxinar, nin nas mellores das nosas expectativas, que o proxecto de solidariedade galego, critico e ecosocial, coma o definimos naquel intre, ía a ter o despregamento que despois tivo igual ca incidencia social e influenza institucional que chegou a adquirir.
Sabemos que elo non sería posible sen a vosa colaboración e doutras persoas que en maior ou menor medida teñen colaborado nestes anos.

Agora toca disfrutar e celebrar. Preparamos unha grande festa con moito máis voluntarismo que medios, pero nela queremos que esteades todos e todas. Disfrutade da festa, e sobre todo compartide con nós as actividades que desenvolveremos o sábado 3 de Outubro na praza do Teucro en Pontevedra.

Entre as actividades que realizaremos celebraremos un xantar de confraternidade a partir das 14 horas. Se queredes comparti-lo con nós inscribídevos no correo: administracion@amaranteong.org ata o día 30 de setembro.

O custo do mesmo será de 20 Euros por persoa.

Agardámosvos

Podedes consultar as novidades da programación no adxunto ou no blog http://amaranteong.org/soligariedade

0 Comentarios. Deixa o teu.:

Publicar un comentario